A Audiencia da Coruña confirma o sobresemento provisional da causa con respecto á esposa do sospeitoso da morte de Diana Quer

As investigación realizadas “non parecen situala na noite do 21 ao 22 de agosto de 2016 xunto ao seu esposo”, indican os maxistrados

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, confirmou nun auto notificado hoxe ás partes o sobresemento provisional da causa con respecto á esposa do sospeitoso da morte de Diana Quer.

A Audiencia desestima o recurso presentado polos pais da vítima e entende, do mesmo xeito que o xuíz instrutor, que das dilixencias practicadas ata o momento "non se aprecia a existencia de indicios racionais suficientes respecto de participación da investigada".

As investigacións realizadas "non parecen situala na noite do 21 ao 22 de agosto de 2016 xunto ao seu esposo", indican os maxistrados. A sala ratifica tamén as consideracións realizadas polo xuíz instrutor sobre a concorrencia da escusa absolutoria por encubrimento, ao ser cónxuxe do sospeitoso.

Por outra banda, o Xulgado de Instrución nº1 de Ribeira continua coa instrución da causa e entre hoxe e o venres tomouse declaración a catro novas testemuñas.