As demandas de ruptura matrimonial presentadas en Galicia en 2023 mantéñense con respecto a 2022

Os órganos xudiciais ingresaron este ano 5.103 solicitudes de nulidades, separacións e divorcios. Por cada 100.000 habitantes, na comunidade contabilizáronse 189 rupturas, fronte ás 192,1 de media estatal

Autor
Comunicación Poder Judicial

O número de demandas de ruptura matrimonial (nulidades, separacións e divorcios) presentadas en Galicia no 2023 foi de 5.103, fronte ás 5.117 que se rexistraron no 2022, o que supón unha diminución do 0,3 %. En canto ao número de solicitudes por cada 100.000 habitantes, contabilizáronse na comunidade, no período estudiado, 189, fronte ás 192,1 de media estatal. 

Segundo os datos feitos públicos hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, na comunidade aumentaron os divorcios consensuados (de 2.885 a 2.912, un 0,9 %) e os non consensuados (de 2.039 a 2.068, un 1,4 %). Pola súa banda, en relación coas separacións consensuadas contabilizáronse 84 en 2023, fronte ás 129 do ano pasado, mentres que das non consensuadas rexistráronse 32, fronte ás 59 do 2022. Ademais, en 2023 contabilizáronse 7 peticións de nulidade matrimonial, dúas máis que o ano anterior. 

En 2023 iniciáronse 689 procedementos de modificación de medidas consensuadas, fronte a 655 do ano anterior. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 1.695 a 1.746, un 3 % máis. 

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos menores non matrimoniais, rexistráronse 1.302 demandas de modificación de medidas non consensuadas, fronte ás 1.161 de 2022, o que supón un aumento do 12,1 %; e 1.049 demandas de modificación de medidas consensuadas (949 a no anterior), o que representa unha subida interanual do 10,5 %. 

Achéganse os datos estatísticos, aos que tamén se pode acceder desde a páxina web: 

https://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Estadistica-Judicial/Estudios-e-Informes/Demandas-presentadas-de-nulidades--separaciones-y-divorcios/