O xulgado de garda de Ribeira multa con 720 euros un home que incumpriu en oito ocasións a orde de confinamento

O sospeitoso recoñeceu que os días 17, 18, 19, 20, 22, 24, 27 e 30 de marzo incumpriu de forma reiterada a obriga de confinamento

Autor
Comunicación Poder Judicial

O Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira, en funcións de garda, condenou un home ao pago dunha multa de 720 euros como autor dun delito continuado de desobediencia grave por facer caso omiso ás normas derivadas da declaración do estado de alarma con motivo da crise sanitaria do COVID-19.

O sospeitoso recoñeceu que os días 17, 18, 19, 20, 22, 24, 27 e 30 de marzo incumpriu de forma reiterada a obriga de confinamento e chegou a un acordo coa Fiscalía sobre a condena.

A sentenza, ao ser ditada baixo a conformidade de todas as partes implicadas no procedemento, non será recorrida.