A Audiencia absolve aos sospeitosos de defraudar fondos europeos destinados a proxectos en Arnoia

Entre os sospeitosos figuraba o exalcalde do municipio

Autor
Comunicación Poder Judicial

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense absolveu aos once acusados de defraudar subvencións da Unión Europea destinadas á construción dunha planta de biomasa e a posta en marcha de cinco talleres de artesáns no municipio de Arnoia. Entre os sospeitosos figuraba o exalcalde do municipio, quen tamén foi absolto dos delitos de malversación de fondos públicos e falsidade en documento público, do mesmo xeito que o exsecretario do Concello de Arnoia e o xerente do Centro de Iniciativas para o desenvolvemento do Val do Miño (Ceivam), creado para a captación de fondos comunitarios.

O tribunal destaca que carece de probas de que os investigados tivesen coñecemento “da disfunción existente entre a realidade que acreditaban os documentos presentados e as obras realmente executadas”.

“Ningunha das probas practicadas en instrución, tampouco as verificadas no plenario, evidenciaron que os membros de órgano de xestión de Ceivam se apropiaran de cantidade algunha derivada da subvención”, salientan os xuíces.