Condenada a tres meses de prisión unha nai que retivo á súa filla en Ourense

Por un delito de desobediencia grave tras negarse durante meses a entregar á súa filla ao pai da menor

Autor
Comunicación Poder Judicial

O Xulgado do Penal nº 2 de Ourense condena a tres meses de prisión a unha muller por un delito de desobediencia grave tras negarse durante meses a entregar á súa filla ao pai da menor, tal como establecía unha sentenza. Conclúe a xuíza que “ningún dos argumentos esgrimidos pola acusada para tratar de amparar a súa decisión de non entregar a menor, en contra da resolución xudicial existente ao respecto, se pode considerar obxectivamente xustificado”.

Na sentenza indícase que quedou “plenamente acreditado que existiu un mandato claro e terminante, do que a acusada tivo coñecemento real e efectivo, así como das consecuencias que se derivarían para ela de non cumprilo, e a pesar diso, non acatou a orde”. O fallo, recurrible ante a Audiencia Provincial, recolle tamén unha indemnización do 2.000 para o pai da nena polos danos morais.