CXPX e Xunta acordan realizar doce actividades de formación continua para xuíces e maxistrados en 2017

Á reunión asistiu o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas; letrados do Consello; o director xeral de Xustiza da Xunta, Juan José Martín, e representantes das catro asociacións de xuíces

Autor
Comunicación Poder Judicial
CXPX e Xunta acordan realizar doce actividades de formación continua para xuíces e maxistrados en 2017

O Consello Xeral do Poder Xudicial e a Xunta de Galicia celebraron hoxe unha reunión para concretar as accións de formación continua que levarán a cabo en 2017 no marco do convenio de colaboración que cada ano subscriben ambas as entidades. Nunha reunión celebrada na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordouse a celebración de doce actividades, dúas máis que o ano pasado. O orzamento máximo para o desenvolvemento do plan é de 49.000 euros.

Xunta e CXPX colaboran no financiamento, organización e xestión dos programas de formación e perfeccionamento dirixidos ao conxunto dos xuíces e maxistrados que prestan os seus servizos na comunidade autónoma galega. Á reunión asistiu o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas; letrados do Consello; e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín; entre outros cargos da Xunta, ademais de representantes das catro asociacións xudiciais.

Está prevista a celebración das seguintes actividades para 2017:

- Concurso de persoas físicas.
- Novos instrumentos de cooperación civil na UE.
- Resposta penal fronte ao acoso.
- Seguridade viaria.
- Aspectos prácticos da execución penal.
- Encontro Orde Xurisdicional Contenciosa-Administrativo.
- Información médica nos procedementos de incapacidade permanente.
- Influencias da doutrina da Unión Europea na relación laboral e funcionarial.
- Medios de comunicación e linguaxe xurídico.
- Encontro galaico-portugués.
- Conceptos de contabilidade.
- Encontro de xuíces de paz das provincias da Coruña e Lugo.