Seis anos de prisión por atropelar a dúas veciñas con intención de matalas

O acusado atropelou de forma intencionada a dúas mulleres debido á mala relación que tiña cunha delas, de quen xa tiña unha orde de afastamento

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condena a un home a seis anos de prisión por dous delitos de homicidio en grao de tentativa.

A Sala considera probado que o acusado atropelou de forma intencionada a dúas mulleres, irmás e veciñas do procesado, debido á mala relación que tiña cunha delas, de quen xa tiña unha orde de afastamento.

Os maxistrados non dan credibilidade á versión da defensa, quen na vista oral argumentou que o atropelo se produciu de forma non intencionada debido a un deslumbramiento sufrido polo condutor a causa do sol. Á hora de fixar a pena a Sala tivo en conta as atenuantes de alteración psíquica e confesión.