O vogal Álvaro Cuesta reúnese coa Sala de Goberno do TSXG

Cuesta reiterou a vontade do Consello de prestar servizos de apoio ao xuíz para facilitar o seu traballo

Autor
Comunicación Poder Judicial
O vogal Álvaro Cuesta reúnese coa Sala de Goberno do TSXG

O vogal Álvaro Cuesta, novo interlocutor da Comisión Permanente do CXPX para atender de forma directa as cuestións que xurdan en Galicia, visitou hoxe a sede do Tribunal Superior de Xustiza para reunirse coa Sala de Goberno.

Cuesta admitiu que os xuíces en España "non son recoñecidos como se merecen, a pesar do seu excelente nivel técnico, e de ser un exemplo de traballo e abnegación". Referiuse tamén o vogal á excesiva carga de traballo que se soporta nalgúns xulgados, froito entre outros factores, na súa opinión, "dunha mal repartición desa carga, que non é culpa dos xuíces, senón dunha estrutura que está superada".

Neste sentido, Álvaro Cuesta reiterou a vontade do Consello de prestar servizos de apoio ao xuíz para facilitar o seu traballo.