Condena a Orange por facturar períodos completos cando o servizo se deixara de prestar con anterioridade

A sentenza declara que a emisión de facturas polo período completo preestablecido nos casos en que o servizo se teña deixado de prestar antes de que conclúa ese prazo "é abusiva e, por tanto, ilícita"

Autor
Comunicación Poder Judicial

O Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña estimou íntegramente a demanda promovida polo Ministerio Fiscal contra Orange Espagne e condénaa pola emisión de facturas "abusivas e, por tanto ilícitas”. A sentenza ten a súa orixe na demanda que presentou a Fiscalía contra a empresa de telefonía por emitir "reiteradamente" facturas contra os consumidores e usuarios nas que se lles reclamaba a cota correspondente ao período completo da facturación previamente determinado. Facíao a pesar de que o servizo prestado aos clientes finalizara antes de que se completase ese período. Así se recollía na demanda do Ministerio Público, quen alegou que, como consecuencia desta práctica, os consumidores "pagan dobremente".

A sentenza declara que a emisión de facturas polo período completo preestablecido nos casos en que o servizo se teña deixado de prestar antes de que conclúa ese prazo "é abusiva e, por tanto, ilícita, así como a inclusión nun ficheiro de solvencia patrimonial dos clientes que non abonen as mencionadas facturas". A maxistrada condena á empresa a absterse de repetir as mencionadas prácticas.

A resolución xudicial indica que "os pronunciamientos declarativos da sentenza afectarán as persoas físicas ou xurídicas que incorran na mesma práctica, aínda que non fosen parte no proceso". O fallo non é firme e contra el cabe recurso ante a Audiencia Provincial.