TSX Galicia

O Tribunal Superior de Xustiza culmina a organización xudicial no ámbito territorial da comunidade autónoma, sen prexuízo da xurisdición que corresponde ao Tribunal Supremo e daquelas materias que esixan garantías constitucionais, competencia que corresponde ao Tribunal Constitucional.

Noticias Xudicial TSX Galicia

En Portada

O maxistrado Luís Villares pide absterse de formar parte do tribunal que executa as sentenzas que anularon o parque eólico Sasdónigas

Explica que, a vista dun observador externo, podería entenderse comprometida a súa imparcialidade porque se manifestou sobre este caso concreto e coñeceu do asunto durante a súa época como parlamentario. O Tribunal Supremo avalou as resolucións do TSXG que derrogaron as instalacións de Mondoñedo, aínda en funcionamento

O CXPX organiza en Santiago un curso para xuíces e xuízas de toda España sobre patrimonio histórico

As xornadas, inauguradas polo presidente do TSXG e o conselleiro de Cultura, contaron coa participación de Carlos Lesmes, expresidente do Consello Xeral do Poder Xudicial. Dirixidas pola presidenta da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior, desenvolveranse ata o 12 de abril no Museo das Peregrinacións. David Chipperfield, premio Pritzker de Arquitectura 2023, analizará mañá o ...

O TSXG propón a creación de nove novos xulgados e tres prazas en órganos colexiados

A proposta está baseada, principalmente, na entrada de asuntos que se rexistra nestas unidades xudiciais. A relación xa foi remitida ao CXPX e será analizada na próxima reunión da Comisión Mixta