TSX Galicia

O Tribunal Superior de Xustiza culmina a organización xudicial no ámbito territorial da comunidade autónoma, sen prexuízo da xurisdición que corresponde ao Tribunal Supremo e daquelas materias que esixan garantías constitucionais, competencia que corresponde ao Tribunal Constitucional.

Noticias Xudicial TSX Galicia

En Portada

Alumnado do IES Rosalía Mera restaura os bancos históricos do TSXG deseñados por Galán

Esta iniciativa busca proporcionar valor engadido ao proceso de restauración do mobiliario e seguir achegando o sistema xudicial á cidadanía. Consérvase documentación de catro modelos de bancos, pensados cada un para unha función diferente, e polo menos un exemplar de cada deseño presérvase a día hoxe no TSXG

O TSXG acolle a xura de 13 letradas/os da 45ª promoción da Administración de Xustiza

Ocuparán as súas prazas nos xulgados de Betanzos, Cambados, Cangas, Ferrol, Lugo, Marín, Monforte de Lemos, Redondela e Vilalba. O secretario do Goberno, Juan José Martín Álvarez, destacou a importancia da “colaboración, a cohesión e o traballo en equipo, así como a empatía” no exercicio da profesión

A Comisión Mixta propoñerá ao Ministerio de Xustiza a creación de doce novos órganos xudiciais en Galicia

Ademais dos xulgados, solicitarase a creación de tres novas prazas nas audiencias provinciais da Coruña e Pontevedra e na Sala do social do TSXG. O Goberno aínda non comunicou o número de unidades xudiciais que prevé crear na comunidade este ano