Formulario para a solicitude de admisión en probas selectivas de acceso ás carreiras xudicial e fiscal

RSS

Desde o formulario da parte inferior pode xerar o impreso de solicitude de inscrición nas probas de acceso á carreira xudicial e fiscal. Cubra o formulario e prema en "Enviar"; apareceralle un documento pdf, que poderá imprimir e poderá efectuar o pagamento en calquera banco, caixa de aforros ou cooperativa de crédito das que actúan como entidades colaboradoras na recadación tributaria. Para efectuar o aboamento será imprescindible acompañar o impreso oficial de solicitude. A impresión pódese realizar en branco e negro ou cor.

NON ESQUEZA ESTAMPAR A SÚA SINATURA NESTE DOCUMENTO, SEN ELA CARECE DE VALIDEZ.

Unha vez efectuado o pagamento, o impreso resultante presentarase indistintamente:

  • No Rexistro Xeral do Consello Xeral do Poder Xudicial (c/ Marqués de la Ensenada nº 8, 28004 Madrid).
  • No Rexistro xeral do Ministerio de Xustiza, Secretaría de Estado de Xustiza (c/ de la Bolsa nº 8, 28012 Madrid).
  • No Rexistro Xeral da Fiscalía Xeral do Estado (c/ Fortuny, nº 4, 28071 Madrid), directamente ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, dentro dos vinte días naturais seguintes á publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Se ten problemas á hora de xerar o formulario, póñase en contacto coa Sección de Selección do Consello Xeral do Poder Xudicial (91 7005976 e 91 7005977).

Os campos marcados con * son obrigatorios

Div Mayusculas

Taxa: DEREITOS DE EXAME - Código 004 Exercicio:

Datos persoais:
Data de nacemento:
Enderezo:
Acceso á convocatoria:
Data da publicación da convocatoria no B.O.E.
/
/
 
Outros datos:
Datos económicos:

O pagamento pode efectuarse en calquera banco, caixa de aforros ou cooperativa de crédito das que actúan como entidades colaboradoras na recadación tributaria. Para efectuar o aboamento será imprescindible acompañar o impreso oficial de solicitude.