En Portada

  1. Os órganos xudiciais galegos recibiron en 2023 case un 5 % máis de casos que en 2022

    • DescripciónEntre xaneiro e decembro ingresaron 348.853 procedementos; resolveron 318.860; e deixaron en trámite 196.211. A xurisdición civil foi a que rexistrou un maior incremento no ingreso de asuntos -un 7,6 %-. A taxa de litixiosidade en Galicia situouse en 129,2 casos por cada 1.000 habitantes, por baixo da estatal (145,7)
  2. As demandas de ruptura matrimonial presentadas en Galicia en 2023 mantéñense con respecto a 2022

    • DescripciónOs órganos xudiciais ingresaron este ano 5.103 solicitudes de nulidades, separacións e divorcios. Por cada 100.000 habitantes, na comunidade contabilizáronse 189 rupturas, fronte ás 192,1 de media estatal
  3. Sinalamentos penais dos órganos colexiados de Galicia do 18 ao 22 de marzo 2024

    • DescripciónPrincipais xuízos sinalados para esta semana
  4. Os concursos presentados en 2023 ante os xulgados galegos aumentaron un 58,6 % respecto ao ano anterior

    • DescripciónOs de persoas naturais non empresarias incrementaron un 106,3 %, mentres que os de empresas baixaron un 4,7 %. Os lanzamentos por falta de pagamento de alugueiro descenderon un 22,3 %; e os executados por non abonar a hipoteca, un 40,8 %. En Galicia contabilizáronse 3,6 verbais posesorios por ocupación ilegal de vivenda por cada 100.000 habitantes
  5. Rosa del Carmen Collazo, maxistrada da Audiencia Provincial de Pontevedra, xubílase tras máis de 30 anos de exercicio profesional

    • DescripciónRosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra -penal- xubilouse hoxe. Os seus compañeiros/as renderanlle mañá homenaxe cun xantar en Pontevedra. Collazo tomou posesión do seu primeiro destino, o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, en xaneiro de 1990. En decembro de 1991 ...
  6. “En condicións de igualdade efectiva, as mulleres teñen o mesmo éxito que os homes”

    • DescripciónNo Día Internacional das Xuízas, falamos coa maxistrada Sandra Piñeiro e coa xuíza en prácticas Yasmina Pita
  7. Unha das seccións penais da Audiencia Provincial da Coruña contará desde finais deste mes cun novo maxistrado

    • DescripciónO presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, mantivo onte un encontro cos xuíces/zas do órgano colexiado, os cales destacaron o aumento de carga de traballo na xurisdición civil
  8. Sinalamentos penais dos órganos colexiados de Galicia do 11 ao 15 de marzo 2024

    • DescripciónPrincipais xuízos sinalados para esta semana
  9. A Comisión de Coordinación contra a Violencia de Xénero de Lugo cre necesario celebrar xuízos rápidos nesta materia para axilizar os casos

    • DescripciónNo encontro, entre outras cuestións, tamén abordaron a necesidade de que tanto a policía como a Garda Civil reitere ás vítimas que teñen dereito a atención psicolóxica fóra do horario da Oficina de Atención á Vítima
  10. O TSXG prioriza a creación dun novo xulgado de Primeira Instancia en Ourense

    • DescripciónO presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, desprazouse á localidade para escoitar as propostas e demandas dos membros da carreira xudicial. O novo órgano estaría especializado en Familia, co obxectivo de aliviar a gran carga de traballo do único xulgado que na actualizade coñece deses asuntos. As curatelas e tutelas suxeitas a seguimento e control, a 30 de setembro, eran 771; ...
  1. páxina
    de 63