Noticias Xudicial TSX Galicia

Noticias Xudicial TSX Galicia
  1. O TSXG anula o permiso de explotación da Mina de Penouta por ser insuficiente o estudo ambiental

    • Destaca a omisión do seu impacto na Rede Natura 2000 e salienta que se acreditou a súa afectación a vivendas e a augas destinadas a consumo humano
  2. Un maxistrado da Coruña ordena o comiso dos case 31.000 euros intervidos en 2014 a unha persoa que fuxiu para evitar ser xulgada por tráfico de drogas

    • Trátase dunha sentenza pioneira no partido xudicial na que aplica o procedemento do comiso autónomo para denegar ao demandado, cuxo caso prescribiu, a devolución dos cartos
  3. O Xulgado declara nulo o cesamento do interventor do Concello de Ourense e considera probado o acoso do alcalde

    • Ademais, considera acreditado que a actuación do demandado “provocou un dano na saúde do demandante”
  4. O xuízo polo crime de Samuel Luiz comezará o 13 de setembro na Audiencia Provincial da Coruña

    • A maxistrada presidenta emitiu o auto no que detalla os feitos que deben ser axuizados polo tribunal composto por nove cidadáns/as
  5. O TSXG condena ao Concello de Vigo por vulnerar dereitos fundamentais dunha veciña polo ruído que sufriu nas festas do Nadal

    • Ademais, impuxéronlle o pagamento dunha indemnización de 600 euros á demandante polos danos ocasionados
  6. O TSXG suspende un parque eólico na provincia de Pontevedra pola súa proximidade a núcleos de poboación

    • Lembra que a Xunta admitiu nunha declaración de impacto ambiental desfavorable ao parque eólico Gasalla que unha distancia inferior a dous quilómetros podería ocasionar unha perturbación significativa ao gando vacún de Casa Grande de Xanceda. Neste caso, un dos aeroxeradores, de 200 metros de alto, situaríase a 510 metros dun dos núcleos afectados
  7. O TSXG confirma a inhabilitación do exalcalde de Ponteceso durante oito anos e medio por prevaricación administrativa

    • O alto tribunal galego rexeitou o recurso de apelación interposto polo procesado contra a resolución de primeira instancia que o inhabilitou para emprego ou cargo público e, en particular, relacionado coa función de alcalde, durante oito anos e medio
  8. O Xulgado de Vigo que investiga o crime dunha muller atopada nunha maleta se inhibe a favor do Xulgado de Violencia sobre a Muller

    • Asegura que “existen indicios” de que o vínculo entre a vítima e o investigado “tiña o compoñente esixido da afectividade”. Considera preferible que o órgano especializado resolva as dúbidas sobre se tiñan ou non unha relación de parella e valore a aplicación da agravante de parentesco
  9. O TSXG suspende un recurso ata que o TXUE se pronuncie sobre se España discrimina por sexo na concesión do complemento de brecha de xénero

    • O recurso que o TSXG suspendeu por prexudicialidade foi interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra unha sentenza emitida polo Xulgado do Social número 3 de Ourense
  10. Un Xulgado do Mercantil de Pontevedra declara a Atunes y Lomos SL en concurso voluntario de acredores

  1. Previo
  2. páxina
    de 30