Política de cookies da Sede Electrónica
O CXPX, titular do sitio web “poderjudicial.es” só obtén e conserva a seguinte información acerca dos visitantes da nosa web:
1 o nome de dominio do provedor (PSI) e/ou dirección IP que lles da acceso á rede. Por exemplo,un usuario do provedor XXX só estará identificado con o dominio xxx.es e/ou a dirección IP. Desta maneira podemos elaborar estadísticas sobre os países e servidores que visitan mais a miúdo a nosa web.
2. A data e hora de acceso á nosa web. Iso permítenos pescudar as horas de máis afluencia, e facer os axustes precisos para evitar problemas de saturación nas nosas horas puntas.
3. A dirección de Internet dende a que partiu a ligazón que dirixe a nosa web. Grazas a este dato, podemos coñecer a efectividade dos distintos báners e ligazóns que apuntan ao noso servidor, co fin de potenciar os que ofrezan mellores resultados.
4. O número de visitantes diarios de cada sección. Iso permítenos coñecer as áreas de mais éxito e aumentar e mellorar o seu contido, co fin de que os usuarios obteñan un resultado mais satisfactorio.
A información obtida é totalmente anónima, e en ningún caso pode ser asociada a un usuario concreto e identificado.
Adicionalmente este sitio web utiliza rastros propios que, do mesmo xeito que no caso anterior, non proporcionan datos persoais nin identifican a unha persoa. Os rastros empregados son de dous tipos: rastros de sesión e rastros persistentes.
- Os rastros de sesión son rastros comunmente empregados para recoller e almacenar temporalmente datos mentres o usuario utiliza esta páxina web. Son necesarios para o correcto funcionamento dalgúns servizos utilizados neste sitio web.
- Os rastros persistentes permiten almacenar datos no dispositivo do usuario por un período definido. No noso caso utilízanse para gardar a preferencia idiomática dos nosos visitantes.
Como cláusula adicional indícase que, naqueles servizos concretos fornecidos por www.poderjudicial.es que presenten condicións especiais á política de privacidade exposta, explicarán claramente o uso dos datos persoais fornecidos.