Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
O tribunal considéraa autora dun delito continuado de estafa, coa agravante de abuso de relacións persoais
A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condena a un ano e medio de cárcere a unha muller por estafar 2.100 euros a un amigo retirando cartos en efectivo coa súa tarxeta bancaria. O tribunal considéraa autora dun delito continuado de estafa agravada, polo que tamén lle impón o pago dunha multa de 1.050 euros e dunha indemnización de 2.100 euros aos herdeiros do prexudicado, quen faleceu.
A Sala considera probado que a condenada, aproveitando a relación de amizade que mantiña coa vítima, utilizou a tarxeta bancaria e o PIN para sacar efectivo sen a súa autorización en varias ocasións, entre abril e maio de 2024. A acusada, segundo a sentenza, coñecía a clave porque algunha vez o prexudicado, que tiña problemas de mobilidade, pediulle que pagase coa tarxeta ou retirase diñeiro.
Así, sinala que se apoderou da tarxeta “sen coñecemento nin consentimento do afectado, ben cando estaba durmido ou despistándoo”.
Os maxistrados aprecian a agravante de abuso de relacións persoais, pois destacan que existía unha relación previa que facilitou a comisión do delito. A sentenza non é firme, pois cabe recurso de apelación ante o TSXG.