Noticias Xudicial TSX Galicia

Noticias Xudicial TSX Galicia
  1. O TSXG permite aos VTC circular pola Zona de Baixas Emisións da Coruña nas mesmas condicións que os taxis

    • A Sala destaca que a finalidade da ordenanza municipal de reducir o tráfico privado “non se prexudica” coa adopción da medida cautelar solicitada por UBER
  2. O TSXG anula o orzamento relativo ao gasto de persoal aprobado polo Concello de Ferrol

    • A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo acolle o recurso presentado pola CIG porque non houbo negociación sobre o devandito capítulo orzamentario
  3. O TSXG recoñece o dereito dun home a percibir na súa pensión o complemento de brecha de xénero

    • A Sala do Social aplica por primeira vez a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, asumida polo Tribunal Supremo
  4. El TSXG confirma la procedencia del despido de un trabajador de la concesionaria del servicio de recogida de basura en A Coruña

    • La Sala de lo Social concluye que transgredió la buena fe contractual al “ralentizar la salida de los camiones para perjudicar las rutas y a la empresa” durante una huelga. También afirma que el no uso del chaleco tres noches, pese a su obligatoriedad, constituye una falta muy grave que justifica el despido
  5. O TSXG anula a ordenanza fiscal do Concello da Pontenova reguladora da taxa por realizar actividades por apertura de establecementos

    • A Sala acolle a cuestión de ilegalidade presentada por un xulgado de Lugo debido á inexistencia dun informe económico-financeiro ou memoria que xustifique o custo do servizo e os criterios que se establecen na ordenanza
  6. O TSXG obriga a unha entidade bancaria a readmitir a unha traballadora nun posto adaptado ás súas circunstancias de saúde

    • A Sala do Social imponlle á empresa o pago dos salarios deixados de percibir desde o seu cesamento e dunha indemnización de 30.000 euros por apreciación de discriminación por razón de discapacidade
  7. O TSXG lexitima ao Concello da Coruña e ao de Oleiros para impugnar a autorización ambiental concedida pola Xunta para a planta de residuos de buques de Oza

    • A Sala, polo tanto, ordena á Xunta a que proceda á resolución expresa dos devanditos recursos dada a lexitimación de ambos os concellos
  8. O TSXG denega aos hoteleiros a suspensión cautelar da taxa turística en Santiago de Compostela

    • Asegura que non se evidencia que sexa de superior rango o interese da asociación que o interese público “inherente aos investimentos e gastos aos que o importe recadado afecta”. Conclúe que “non hai un prexuízo económico inmediato e evidente para a recorrente polo feito da entrada en vigor da disposición”. Advirte de que neste momento procesual non analiza a validez da regulación impugnada, algo que fará cando emita sentenza
  9. A Audiencia de Ourense condena a dous anos de prisión ao alcalde de Verín por cometer un delito contra a ordenación do territorio

    • A Sala destaca que acordou a execución indebida de obras na contorna da igrexa de San Bartolomé, as cales “necesitaban proxecto técnico, licenza municipal e autorización da Consellería de Cultura”
  10. Os tres acusados da morte dun mozo na Noiteboa de 2023 na Coruña serán xulgados por asasinato

    • Os feitos serán axuizados por un Tribunal do Xurado na Audiencia Provincial da Coruña
  1. Previo
  2. páxina
    de 30