Presentación da ópera La Tribuna na Audiencia Provincial da Coruña

O libreto converte en ópera a coñecida obra de Emilia Pardo Bazán, considerada a primeira interpretación literaria do mundo laboral e feminino en España

Autor
Comunicación Poder Judicial
Junto a los autores del libreto, intervinieron el presidente del TSXG, Miguel Ángel Cadenas, y el presidente de la Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes
Junto a los autores del libreto, intervinieron el presidente del TSXG, Miguel Ángel Cadenas, y el presidente de la Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes

A antiga Fábrica de Tabacos, convertida na nova sede da Audiencia Provincial da Coruña, acolleu onte a presentación do libreto La Tribuna, adaptación operística do compositor Gabriel Bussi e o escritor Javier Ozores da novela homónima de Emilia Pardo Bazán publicada en 1883, cuxo escenario protagonista é precisamente este espazo no que traballaron desde o século XIX milleiros de cigarreiras como Amparo, a protagonista desta ficción literaria. No acto, coorganizado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Real Academia Galega / Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, o público puido escoitar dúas pasaxes da ópera na voz da soprano Teresa Nóvoa, acompañada no piano por Haruna Takebe.

O libreto converte en ópera a coñecida obra de Emilia Pardo Bazán, considerada a primeira interpretación literaria do mundo laboral e feminino en España. A historia ten como protagonistas ás cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña e á Marineda de Pardo Bazán, que foron parte da elite do proletariado fabril galego.

Xunto aos autores do libreto, na presentación interviñeron o presidente do Tribunal de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o presidente da Real Academia Galega e director da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Víctor F. Freixanes; o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, e a condesa de Pardo Bazán, Carmen Colmeiro.

Galería de imaxes

Junto a los autores del libreto, intervinieron el presidente del TSXG, Miguel Ángel Cadenas, y el presidente de la Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes

Junto a los autores del libreto, intervinieron el presidente del TSXG, Miguel Ángel Cadenas, y el presidente de la Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes

El público pudo escuchar dos pasajes de la ópera en la voz de la soprano Teresa Nóvoa, acompañada en el piano por Haruna Takebe

El público pudo escuchar dos pasajes de la ópera en la voz de la soprano Teresa Nóvoa, acompañada en el piano por Haruna Takebe

El acto fue coorganizado por el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia y la Real Academia Gallega / Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

El acto fue coorganizado por el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia y la Real Academia Gallega / Casa-Museo Emilia Pardo Bazán