Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A orixe e os antecedentes desta institución xurídica atópanse na fundación da Real Audiencia de Galicia a finais do século XV. Creada polos Reis Católicos no ano 1494, a Real Audiencia de Galicia tiña ao seu cargo todos os asuntos xudiciais militares, políticos e administrativos. Estaba rexida por un Capitán Xeneral, Gobernador e Presidente da Audiencia.
Coa Constitución de 1812 nacen as Audiencias Territoriais con competencia nas causas civís e penais no territorio baixo a súa influencia. Eran os antecedentes directos dos actuais Tribunais Superiores de Xustiza. Por vez primeira, establecíanse as bases para que os xuíces exercesen con independencia. Os xuíces tiñan a función exclusiva de xulgar e facer cumprir o xulgado e impedíase ás Cortes ou ao Rei o exercicio de funcións xurisdicionais, así como a potestade de arquivar causas pendentes ou abrir xuízos fenecidos. Cada Audiencia Territorial tomou o seu nome da rexión á que pertencía.
Houbo que esperar ata 1835 para que visen a luz as Ordenanzas das Audiencias. Foron uns documentos esenciais que dividiron as Audiencias en tres Salas distintas con diferentes competencias xurisdicionais: dous Salas do Civil e unha Sala do Penal.
Esta organización xudicial foi respectada pola Lei Orgánica do Poder Xudicial de 1870 e, en esencia, consérvase aínda, coa salvidade das xurisdicións que foron incorporándose polo transcurso do tempo e a evolución da sociedade.
Os Tribunais Superiores de Xustiza, coa súa conformación e demarcación territorial actual, xorden da planta creada no artigo 26 da Lei Orgánica do Poder Xudicial de 1985. Constituíronse o 23 de maio de 1989. Atrás quedaron as antigas Audiencias Territoriais, dándose así paso a un modelo xudicial que comprendía o mapa autonómico e adaptado ás esixencias da Constitución de 1978. O Tribunal Superior de Xustiza toma o nome da comunidade autónoma.
O Palacio de Xustiza sede do Tribunal Superior de Xustiza atópase situado no centro do ensanche de A Coruña, na Praza de Galicia.
O edificio foi construído por Julio Galán, seguindo os planos do tamén arquitecto Antonio Palacios. Foi inaugurado o 11 de xaneiro de 1930 polo Ministro de Xustiza e Culto, Galo Ponte Escartín.
O Palacio de Xustiza foi rehabilitado no ano 2000.