Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
O maxistrado conclúe que “resulta indubidable que a vítima provocou deliberadamente ao acusado mediante a exhibición de simboloxía fascista
O maxistrado do Xulgado do Penal número 3 da Coruña condenou a un exxogador do Deportivo da Coruña por romperlle o nariz dunha puñada a un mozo que o “provocou” cantándolle o Cara al sol. O xuíz considerouno autor dun delito de lesións, concorrendo a circunstancia atenuante de embriaguez, polo que lle impuxo o pagamento dunha multa de 1.080 euros, así como o abono dunha indemnización de 565 euros ao afectado. Na sentenza, considera probado que sobre as tres da madrugada da noite de San Xoán de 2019, na praia da Coruña, a vítima increpou reiteradamente ao agora acusado “mediante saúdos e cantos de índole fascista, como a canción Cara al sol, sendo coñecedora de que ao acusado lle producía desgusto o escoitala (o que fixo saber ao denunciante), xerando, dese modo, unha provocación e enfrontamento, no curso do cal o condenado o golpeou cunha puñada no nariz, que provocou a súa caída sobre a area da praia”.
O maxistrado, tras analizar as probas practicadas, conclúe que “resulta indubidable que a vítima provocou deliberadamente ao acusado mediante a exhibición de simboloxía fascista e a emisión de cánticos propios desta como o Cara al sol”. Ademais, salienta que “non o fixo en xeral, e para quen quixese escoitalo, senón coa directa intención de molestar ao acusado, a quen, o coñecese ou non na súa faceta pública de xogador do Deportivo, quería incomodar”.
O titular do Xulgado do Penal número 3 da Coruña incide en que o futbolista foi “directamente provocado” e asegura que reaccionou “de maneira contundente, quizais en parte debido á influencia do alcol inxerido, impeditiva da serenidade de ánimo que, noutras condicións, propiciaría unha resposta máis sosegada, a pesar da afronta inferida por quen pretende ferir a outro facendo pública ostentación dunha ideoloxía negadora dos dereitos fundamentais”.
Na resolución, o maxistrado descarta a concorrencia da agravante de que o acusado actuase por motivos ideolóxicos. Desta forma, argumenta que “non se puido probar que a agresión viñese motivada pola condición de fascista do cantante (se é que ostentase esa persoal condición, o que pareceu negar durante a vista), nin sequera pola exhibición ou ostentación pública desa ideoloxía”. Así, destaca que a razón do acometimento sería “pola provocación iniciada, mantida e aumentada do agora acusador particular". O maxistrado tamén advirte, en segundo lugar, que hai que poñer en relación a ideoloxía fascista coa agravante de motivos discriminatorios, á vez que recalca que “quen se opuxese a calquera manifestación ou representación fascista, que por definición exalta un réxime totalitario e antidemocrático, non se pode dicir que estea a actuar por motivos discriminatorios con igual nivel de reproche que quen o fixese por motivos racistas, xenófobos ou de identidade sexual ou de xénero, poñamos por caso”. A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso.