Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A Sala advirte que o Decreto “externaliza toda a tramitación e a pon en mans da empresa privada”
A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anula parcialmente, ao entender que supón unha privatización parcial dos procedementos de avaliación ambiental, o decreto da Xunta polo que se regularon as Entidades de Colaboración Ambiental (ECA) e se creou o rexistro de Entidades de Colaboración Ambiental de Galicia e o banco de persoas expertas en avaliación ambiental. Desta forma, acolle o recurso interposto pola Confederación Intersindical Galega e declara desconformes a Dereito os artigos 27 e 28.1. inciso final, así como o 29.5 do Decreto.
A Sala entende que, “tanto polo carácter privado da ECA como pola completa externalización de toda a tramitación da avaliación ambiental, que se concibe ademais con carácter estrutural”, a redacción do artigo 27 do Decreto resulta contraria ao artigo 9.2. do Estatuto Básico do Empregado Público e ao 8.1. da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Os maxistrados, ademais, salientan que non constan “mecanismos de control realizados por funcionarios públicos sobre a actuación destas empresas no procedemento en concreto”, o que aboca a que as decisións que han de adoptar as autoridades públicas “sexan simples ratificacións, sen posibilidade de contraste”.
O TSXG advirte na sentenza que o Decreto “externaliza toda a tramitación da avaliación ambiental e a pon en mans da empresa privada, incluíndo nisto varios fitos na tramitación do procedemento ambiental que implican materialmente o exercicio de potestades administrativas, pois é a ECA quen analiza a suficiencia incluso dos informes sectoriais preceptivos dos órganos administrativos que interveñen ou a necesidade ou non dun segundo trámite de información pública e consultas tras as modificacións no proxecto introducidas polo promotor”.
Os xuíces indican que todas esas funcións se fan “sen previsión de ningunha reserva de control, supervisión ou dirección a favor dos órganos administrativos que teñen encomendada xenuinamente esta función dentro da(s) consellería(s) competentes”. Desta forma, advirten que a proposta que conteñen os informes elaborados pola ECA “non poden ser contrastados nin sometidos a crítica polo órgano que ten formalmente a facultade de decidir, polo que en realidade o exercicio material da competencia vai quedar residenciado na ECA, quedando o órgano administrativo lexitimamente investido da potestade, sen capacidade real de decisión”. O alto tribunal galego engade que, así concibida, “a colaboración que a Xunta demanda das ECA convértese nunha verdadeira privatización da tramitación da avaliación ambiental, que implica inescusablemente a translación a unha empresa privada de funcións que están reservadas a funcionarios públicos”.
Neste sentido, os maxistrados conclúen que a ECA “non colabora coa administración, senón que suplanta á administración durante nada menos que toda a tramitación da avaliación ambiental”. O tribunal recalca que, a xurisprudencia, tal e como explica na sentenza, “veta esta completa transferencia a unha empresa privada porque, en realidade, nos atopamos diante dunha abdicación da tramitación administrativa e, polo tanto, do exercicio da competencia, que é irrenunciable para a administración”.
Na sentenza, o TSXG incide en que o Decreto “non prevé ningún mecanismo de control da actividade externalizada á ECA”, así como en que “non hai ningún tipo de supervisión pública prevista para a análise feita por unha empresa privada en relación a toda a tramitación da avaliación ambiental”.
A Sala si considera conforme a dereito o apartado 1 do artigo 29 do Decreto, que se limita a unha función que xa é coñecida de auxilio material na realización de tomas de mostras, análises, verificacións e controis técnicos, pero advirte que “só na medida en que o seu contido se constrinxa a actuacións materiais de inspección que non estean reservadas a funcionarios públicos”. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.