Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
O tribunal considerouno autor dun asasinato en grao de tentativa e dun delito de tenza ilícita de armas
A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a once anos de cárcere ao home que o 14 de setembro de 2023 disparou no parque de Castrelos a un mozo co que tivera altercados previos polos seus cans. O tribunal, que tamén lle impuxo o pagamento dunha indemnización de 3.804 euros á vítima polos días que estivo de baixa e o dano moral que lle causou, considerouno autor dun asasinato en grao de tentativa e dun delito de tenza ilícita de armas.
Os maxistrados salientan na sentenza que disparou á vítima “coa clara intención de matala” e que “tratou de asegurar o resultado excluíndo toda defensa e consecuente risco para a súa persoa”. Así, indican na sentenza que, cando se atoparon no parque, o procesado, “case sen aviso”, sacou “unha pistola coa que apuntar e disparar”, á vez que destacan que o afectado “de ningún xeito podía prever unha reacción tan desproporcionada”. Nese primeiro momento no que exhibiu a arma, segundo a resolución, “ambos estaban a uns dous ou tres metros de distancia, pero o acusado tivo algún problema para montar a arma, o que lle deu tempo á vítima para correr a refuxiarse detrás da árbore”. Os xuíces indican que “a escapatoria da vítima só puido ter lugar por eses problemas”.
Os xuíces inciden en que o feito de empregar unha pistola e apuntar cara ao mozo, á vez que disparaba cara á súa parte posterior, é claramente acreditativo do ánimo de matalo. “O disparo efectuouno o acusado non con intención de asustar ou impresionar á vítima, senón para alcanzala e matala”, recalca o tribunal. Na resolución, ademais, engade que o afectado “só se librou porque se achaba gorecido detrás da árbore, pero, mesmo así, a bala ía na súa dirección e impactou lateralmente na árbore que se atopaba entre el e o acusado”.
“Aínda que a defensa argumentou que podía achegarse para volver a dispararlle, xa que aínda había balas no cargador, o certo é que no vídeo se aprecia como o acusado axexaba do outro lado da árbore para obter unha nova liña de disparo, polo que non é que non quixese rematar a súa obra, senón que tivo dificultades para iso”, conclúen os maxistrados.
Ademais da pena de cárcere, a Sala impúxolle dez anos de liberdade vixiada e a prohibición de aproximarse a unha distancia inferior de 200 metros do domicilio, lugar de traballo ou calquera outro lugar no que se atope a vítima, así como a de comunicarse persoalmente ou por calquera outro medio con ela, durante 10 anos. A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso ante o TSXG.