Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A Sala considera acreditado que súa carreira profesional se viu interrompida e afectada debido ao nacemento dos seus fillos
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou, nunha sentenza pioneira en Galicia, o dereito dun xubilado a percibir na súa pensión o complemento para a redución da brecha de xénero, o que, no seu caso, supón 27 euros ao mes por cada un dos seus fillos. Desta forma, o alto tribunal galego aplicou o novo artigo 60 da Lei Xeral da Seguridade Social (LXSS), pois a Sala considera acreditado que o demandante, un mariñeiro embarcado en barcos de bandeira de conveniencia, que a súa carreira profesional se viu interrompida e afectada debido ao nacemento dos seus fillos.
O alto tribunal galego explica que, segundo a LXSS, no suposto de fillos ou fillas nacidos/as ata o 31 de decembro de 1994, para recibir o complemento se debe “ter máis de cento vinte días sen cotización entre os nove meses anteriores ao nacemento e os tres anos posteriores á devandita data”. Neste caso, segundo a resolución, o demandante non ten ningún día cotizado entre os nove meses anteriores e os tres anos posteriores ás datas de nacemento dos seus fillos, o que supón que ten dereito ao complemento para a redución da brecha de xénero, pois non consta que a outra proxenitora o cobre. A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.