Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A Sala acolle a cuestión de ilegalidade presentada por un xulgado de Lugo debido á inexistencia dun informe económico-financeiro ou memoria que xustifique o custo do servizo e os criterios que se establecen na ordenanza
A sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anula a ordenanza fiscal reguladora da taxa pola realización de actividades administrativas con motivo da apertura de establecementos do Concello da Pontenova debido á inexistencia dun informe económico-financeiro ou memoria económica que xustifique o custo do servizo e os criterios que se establecen na ordenanza.
Polo tanto, acolle a cuestión de ilegalidade presentada polo Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Lugo tras emitir unha sentenza na que estimou o recurso interposto pola promotora do parque eólico Cadeira, situado nos termos municipais da Pontenova, Riotorto, Trabada e Lourenzá, contra a cobranza de 946.014 euros pola actividade das instalacións.
Os maxistrados do TSXG explican na sentenza que da documentación achegada e, en concreto, do informe do secretario-interventor do Concello da Pontenova resulta que o expediente para a aprobación da ordenanza fiscal “non figura na plataforma electrónica que utiliza esta administración municipal como programa informático de xestión de expedientes”. A iso, engade que “tampouco foi posible a súa localización no arquivo municipal” e que, aínda que se remite copia do expediente reconstruído, “entre a súa documentación non figura a referida memoria ou estudo económico-financeiro”.
No fallo, os xuíces explican que a memoria económico-financeira “debe conter todas as precisións e xustificacións do desenvolvemento articulado da ordenanza fiscal, de modo que da súa lectura se desprenda non só cal é o custo real ou previsible do servizo no seu conxunto ou, no seu defecto, o valor da prestación recibida, senón a xustificación razoada que levou á determinación, no seu caso, dos criterios de cuantificación da cota para a elaboración das liquidacións”.
Así, salientan que debe conter “a explicación procedente que xustifique o cumprimento dos principios tributarios aos que fai referencia o artigo 31.1 da Constitución e ao resto do ordenamento xurídico”.
Desta forma, destacan que a aprobación da memoria non constitúe “un mero requisito formal, senón unha peza crave para a exacción das taxas” e “un medio de garantir, xustificar e controlar que o principio de equivalencia se respecta”. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo.