Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
O protocolo aprobado hoxe establece que quen exerza a policía de estrados ou dirixa calquera acto xudicial ou gobernativo poderá “redistribuír os asentos para garantir a distancia de seguridade e aconsellar o uso responsable e continuado de máscara”. Durante os actos, no caso de que non se poida garantir a distancia de 1,5 metros e non houbese unha adecuada ventilación, poderase impoñer o uso de máscara protectora
A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aprobou hoxe a actualización do ‘Protocolo de actuación e organización nos órganos xudiciais do ámbito do TSXG’, no cal recomenda “o uso responsable e continuado de máscara” para o acceso aos edificios xudiciais e aos espazos comúns “durante todo o tempo de permanencia en eles”, así como nos despachos e oficinas das sedes dos órganos xurisdicionais da comunidade. Ademais, o documento establece que quen exerza a policía de estrados ou dirixa calquera acto xudicial ou gobernativo poderá “redistribuír os asentos na sala de vistas para garantir a distancia de seguridade e aconsellar o uso responsable e continuado de máscara”. No caso de que non se poida garantir a distancia de polo menos 1,5 metros, e se non houbese unha adecuada ventilación ou asistise unha persoa con síntomas compatibles coa COVID-19, quen exerza de policía de estrados ou dirixa o acto “poderá impoñer o uso da máscara durante todo o tempo”, co obxectivo de evitar a súa suspensión do acto.
A Sala de Goberno, ademais, indica que, nestes casos, “puntualmente e por razóns excepcionais”, se quen interveña na celebración do acto procesual non puidese “expresarse coa suficiente claridade ou facerse entender”, poderáselle permitir a retirada da máscara “parcialmente e durante o instante necesario para emitir a palabra ou frase coa que a persoa se queira expresar”, sempre que se respecte a distancia interpersoal.
Á hora de actualizar o protocolo, o TSXG tivo en conta as situacións que no ámbito da Administración de Xustiza poidan incrementar os riscos de transmisión, tal e como establece o Real decreto 286/2022, así como as modificacións da ‘Guía de boas prácticas para a reactivación da actividade xudicial e adopción de medidas de saúde profesional para a prevención de contaxios en sedes xudiciais’, aprobadas hoxe pola Comisión Permanente do CGPX.
No documento, advírtese que, aínda que o cambio da obrigatoriedade do uso de máscaras forma parte das modificacións nas estratexias de control da epidemia, a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 “permanece”, e con ela “a vixencia das demais normas e medidas de carácter organizativo e tecnolóxico” que se recollen no protocolo do TSXG, “ata que o Goberno declare a finalización da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 ou se aprobe algunha norma legal ou regulamentaria que as deixe sen efecto”.