Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A Sala destaca que “atentou de maneira reiterada contra a súa indemnidade sexual” utilizando “técnicas de manipulación, como a chantaxe coa tablet”
A Audiencia Provincial de Ourense condena a 15 anos de cárcere a un pai por agredir sexualmente, de forma continuada, á súa filla discapacitada cando tiña entre 10 e 11 anos. O tribunal explica na resolución que lle impón a pena na súa extensión máxima “ao ser o acusado merecedor do máximo reproche punitivo” porque atentou, “de maneira reiterada, contra a indemnidade sexual da súa filla discapacitada, utilizando ademais técnicas de manipulación, como a chantaxe coa tablet”.
Ademais, condénao a cinco anos de liberdade vixiada e inhabilítao para o exercicio dos dereitos da patria potestade respecto da vítima durante dez anos e para calquera profesión, oficio ou actividades que conleven contacto con menores durante 20 anos. O procesado tampouco poderá aproximarse e comunicarse coa súa filla durante 18 anos e deberá pagarlle unha indemnización de 15.000 euros.
A Sala sinala na sentenza que o sospeitoso admitiu os feitos, aínda que negou o acceso carnal. Con todo, os maxistrados estiman acreditado, tras valorar o conxunto das probas testificais e periciais, que non só someteu á súa filla a tocamentos de índole sexual, senón tamén, en varias ocasións, “a acceso carnal por vía anal”.
Os feitos sucederon, segundo consta no fallo, no domicilio familiar, desde o verán de 2023 e ata o mes de xuño de 2024, cando a nai da menor se decatou do que sucedía. O tribunal destaca que o acusado se aproveitou, ademais da discapacidade da súa filla, “da súa condición de proxenitor da menor e da relación de convivencia”. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o TSXG.