Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A Sala do Social asegura que cumpriu coas súas obrigas e que non abandonou o seu posto. Advirte de que non é esixible a unha empregada “que se atopa soa con seis menores e un bebe” que, ademais das tarefas propias da levanza dunha casa e das administrativas, “estea vixiante todo o tempo”
O TSXG declara improcedente o despedimento dunha auxiliar técnica educativa encargada, durante a noite do 14 ao 15 de marzo de 2024, do coidado dos menores que residían nun piso xestionado pola asociación na que traballaba. Durante a súa quenda, unha das menores manifestou ter sido violada por un compañeiro mentres estaba durmida.
A Sala do Social, polo tanto, decreta a readmisión da traballadora, co pagamento dos salarios non percibidos, ou ben a extinción da relación laboral con abono dunha indemnización de 10.454 euros.
A asociación demandada, con sede en Vigo, coordina e dirixe casas de familia nas que se atende a menores desamparados, cuxo coidado, vixilancia e educación lle encomenda a Xunta.
“A circunstancia de que non comprobase quen estaba en cada habitación sobre as 23:30 horas non entendemos que poida cualificarse de neglixencia grave”, conclúen os maxistrados na sentenza.
Nela, o TSXG advirte de que non é esixible a unha traballadora “que se atopa soa nunha casa con seis menores e un bebe ao seu cargo” que, ademais das tarefas propias da levanza dunha casa e das administrativas, “estea vixiante todo o tempo, pois é unha tarefa ímproba, que ademais non é seguro que evitase o evento danoso”.
Os xuíces lembran no fallo que “non todo incumprimento do contrato por parte do traballador é causa de despedimento, senón que a resolución unilateral do contrato só pode operar como reacción a un incumprimento cualificado, ou, como se deduce do artigo 54 do Estatuto dos Traballadores, de incumprimento contractual grave e culpable”.
Nese sentido, de conformidade co alegado pola recorrente, consideran que a conduta que consta probada non constitúe unha falta moi grave. Así, descartan que actuase “con fraude ou imprudencia” ou que desobedecese “no cumprimento das funcións encomendadas de forma grave”. A iso, engaden que tampouco “concorre unha indisciplina, desobediencia ou neglixencia evidenciada de forma moi grave”.
“A traballadora cumpriu coas súas obrigas, pois controlou inicialmente ao menor, dedicouse á bebé de 10 meses, á que aseou, lle deu a cea, a cambiou de roupa e a deitou, confirmando que se durmiu”, explican os maxistrados na resolución, na que relatan que, acto seguido, “comprobou que as luces das habitacións estaban apagadas e todo estaba en silencio, procedendo co cumprimento das súas outras obrigas, tales como recoller, fregar, poñer a lavadora, etc.”. Posteriormente, sobre as 00:00 horas, foi ao despacho para realizar tarefas administrativas, sendo entón cando a menor lle comunicou que fora violada esa noite.
Na resolución, os xuíces explican que a asociación baseou o despedimento en que non comprobou que o menor se fora ao seu cuarto cando o atopou na habitación da súa compañeira, sobre as 22:15 horas. Con todo, o TSXG infire, do testemuño da menor, que si abandonou a habitación cando llo pediu a auxiliar técnica educativa, pero regresou sobre as 22:40 horas.
En canto ao segundo motivo do despedimento, é dicir, non comprobar quen estaba en cada habitación tras confirmar que as luces das habitacións estaban apagadas e todo estaba en silencio, sobre as 23:30 horas, a Sala afirma que non conta “con dato algún respecto ao protocolo a seguir na casa de familia onde prestaba servizos”, polo que só conta “coa obriga xenérica do coidado dos menores que alí residen”. En base a iso, recalca que “resulta probado que a traballadora non abandonou o seu posto de traballo”. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo.