Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Etiquetas:
tribunais, tribunais superiores de xustiza
O Palacio dos Condes de Morata ou de Luna é unha das máis emblemáticas e descoñecidas edificacións do século XVI de Aragón. Foi mandado construír ao redor do ano 1551 por Pedro Martínez de Luna, primeiro Conde de Morata e o vicerrei de Aragón, e pola súa esposa, Dona Inés de Mendoza. Esta casa-palacio é obra do arquitecto Martín Gaztelu de Tudela contratado polos Condes para que levase a cabo a súa construción nunha finca da súa propiedade, situada no cinto exterior da “Caesaraugusta” romana.
Co tempo o Palacio pasaría a ser propiedade doutras familias nobres sendo finalmente doado a Felipe V en 1728 quen o convertería en residencia oficial da súa familia durante as súas estancias en Zaragoza e sendo ocupado polo seu representante cando el non o visitaba. Isto significou que dende ese momento o Palacio se convertía na Capitanía Xeral de Aragón e residencia dos Capitáns Xenerais.
A principios do século XIX, e froito dos acontecementos, o palacio conta cun novo e ilustre inquilino. O mozo militar José Palafox, fillo dos marqueses de Lazán, é nomeado Capitán Xeneral de Zaragoza. O Palacio é ocupado polas tropas nacionais estando á fronte delas o xeneral Palafox, que o habitará ata que as tropas francesas ocupen Zaragoza. Coa entrada do exército estranxeiro o palacio volve a cambiar de inquilino e será o Xeneral Xefe das tropas francesas, Mariscal Jean Lannes, quen ocupe o palacio ata a súa marcha. É no 1814, coa retirada das tropas francesas de España, cando o Palacio dos Condes de Morata se converte na sede da Audiencia do Territorio de Aragón, destino que sería ratificado o 2 de novembro de 1825 polo Rei Fernando VII e que dende entón se segue mantendo.
No primeiro terzo do século XX, o Palacio foi obxecto dunha profunda reforma levada a cabo polo arquitecto Regino Borobio, proxecto auspiciado por Galo Ponte e Escartín, Ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Alfonso XIII. En 1931 e por decreto de 3 de xuño, o Goberno declara o Palacio do Primeiro Conde de Morata Monumento Nacional.
Con posterioridade, e malia ás numerosas reformas que se introducen na Administración de Xustiza cos Decretos de Nova Planta, o Palacio dos Condes de Morata seguiu fiel ao seu destino e en 1870, tras constituírse as Audiencias Territoriais, noméase para a de Aragón ao primeiro presidente: Eugenio Angulo (1870 a 1872). O Palacio dos Condes de Morata seguiu sendo sede da Audiencia Territorial de Aragón ata que o 28 de decembro de 1988, a nova Lei de Demarcación e Planta Xudicial (38/1988) establece aos Tribunais Superiores de Xustiza como máximos órganos xudiciais nas Comunidades Autónomas. Así, o 23 de Maio de 1989, data da Constitución do Tribunal Superior de Xustiza de Aragón, a Audiencia Territorial deixa de existir e o Palacio dos Condes de Morata pasa a ser a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Aragón.
Obra do arquitecto Martín Gaztelu de Tudela, foi construído con pedra (de Epila e de Rueda) na súa parte baixa e ladrillo na súa parte superior e rematado nos seus laterais por dous torreóns. Dende o punto de vista arquitectónico o Palacio pertence ao renacemento aragonés e o máis destacado a primeira vista é a porta construída cun arco de medio punto e flanqueada por dúas grandes estatuas, o que fai que popularmente se coñeza como “a porta dos xigantes”. Estas dúas figuras, ata certo punto enigmáticas, parecen ser a representación de Hércules (dereita) e Teseo (esquerda).
Na parte superior da porta principal o friso existente é motivo de controversias en canto á súa interpretación xa que mentres para algúns representa a entrada de César Augusto na Cidade para outros garda estreita relación coa entrada do papa Benedicto XIII, parente próximo dos Condes de Luna. Este edificio, vinculado historicamente á tarefa de impartir xustiza, conta no seu interior cun patio porticado sostido por catorce columnas e na parte superior do pórtico, na súa cara externa, está circundado por cincuenta e seis medallóns representando os escudos das oito cidades máis importantes de Aragón nas que se celebraron Cortes. Cada un deles encerra un reproche á introdución do Dereito Castelán por canto supuña a perda de identidade do antigo reino. Os escudos foron obra do arquitecto aragonés, Regino Borobio.
Dentro do patio do Tribunal a estatua de Themis, ao carón do arranque da escaleira nobre, é outro dos detalles a destacar. Obra do escultor Palau resulta singular por canto non está representada cos ollos vendados, nin coa balanza en equilibrio.
O interior do Palacio, con decoración renacentista de estilo aragonés, acolle unha das pouquísimas capelas renacentistas que existen na actualidade. No chan, de cerámica, atópase representado o escudo dos Reis Católicos e sobre o retablo do altar, obra dos irmáns Albareda (1.928), destaca un Cristo de gran forza expresiva do final do Renacemento.
Dende abril de 2010, e trala súa restauración, as salas de vistas do Tribunal Superior de Xustiza de Aragón exhiben unha colección de seis tapices. Iconograficamente agrúpanse en dous tríos. Un representando o escudo real da unificación dinástica e territorial levada a cabo por Isabel de Castela e Fernando de Aragón, e un segundo integrado polo emblema borbónico de escudo coroado.
A súa restauración, tras longos anos de esquecemento e abandono, permitiu que os tapices volvan estar colocados nos lugares para os que foron concibidos.