O xuíz absolve a unha nai dun delito de lesións por dar unha labazada ao seu fillo

O maxistrado entende que o comportamento do mozo, ao negarse a obedecer á súa nai e ao arroxar ao chan un móbil, “non só mostra desprezo cara á autoridade materna, senón tamén cara ao esforzo e traballo que supón gañar un salario co que adquirir bens”.

Autor
Comunicación Poder Judicial

O Xulgado do Penal número 2 da Coruña absolve a unha nai acusada de dous delitos de lesións leves no ámbito familiar por dar una labazada a un fillo de once anos e rabuñarlle no pescozo para evitar que o menor se marchase de casa.

O maxistrado entende que o comportamento do mozo, ao negarse a obedecer á súa nai e ao arroxar ao chan un móbil, “non só mostra desprezo cara á autoridade materna, senón tamén cara ao esforzo e traballo que supón gañar un salario co que adquirir bens”. E ademais incorre no acto de violencia que supón arroxar o teléfono. Non estamos ante unha discusión de razoamentos na que se poida tentar argumentar contra os razoamentos do contrario. Estamos ante unha clara exhibición por parte do menor dunha actitude de “síndrome de emperador” que unicamente busca humillar e desprezar á súa nai”.

Con respecto ao segundo incidente, cando a muller suxeita ao menor para evitar que se vaia de casa, sostén a sentenza que “non só está totalmente xustificado que a acusada trate de evitar que o seu fillo salga de casa. É que non existe a máis mínima intencionalidade da acusada en lesionar ao seu fillo, só de agarralo”.