Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Margarita Diges, doutora en Psicoloxía e catedrática da Autónoma, destaca que un 70% das condenas erróneas “se basearon no falso recoñecemento dunha ou varias testemuñas”
A fiabilidade das identificacións de sospeitosos de cometer delitos centrou a xornada de hoxe da Escola de Verán do Poder Xudicial, que se celebra ata o 12 de xullo no pazo de Mariñán, na provincia da Coruña. A doutora en Psicoloxía e catedrática da Universidade Autónoma de Madrid Margarita Diges Junco analizou durante a súa intervención os aspectos psicolóxicos que os membros da carreira xudicial deben ter en conta á hora de valorar as identificacións.
En concreto, centrouse na suxestión e no falso recoñecemento. A experta destacou que un 70% das condenas erróneas “se basearon no falso recoñecemento dunha ou varias testemuñas do delito, testemuñas que, a pesar do seu erro, identificaron con moita seguridade a persoa equivocada”.
Con base neste dato, a relatora profundou na fiabilidade da identificación como proba de cargo para condenar. “Os erros no recoñecemento dunha cara non son só un problema de memoria, senón tamén de susceptibilidade á suxestión. Esa suxestión pódese dar na indagación policial, na propia roda de recoñecemento -a través da súa composición ou das instrucións- e mesmo polos comentarios entre testemuñas do mesmo delito ou dos medios de comunicación”, manifestou.
A especialista terminou a súa exposición cunha proposición de melloras na realización da proba de identificación, así como de pautas para detectar erros e para valorar a proba no xuízo oral. Diges salientou que o obxectivo é conseguir “que diminúa o número de falsos culpables”. Ese foi o reto sobre o que tamén debateron os tres participantes da mesa redonda que se celebrou tras o relatorio da doutora en Psicoloxía.
A maxistrada da Audiencia Provincial de Madrid Pilar Rasillo López; o doutor en Medicina e en Neurociencia pola Universidade de Oxford, así como honoris causa pola Universidade Século XXI e catedrático de Fisioloxía Humana da Universidade Complutense de Madrid, Francisco Mora Teruel; e a doutora en Psicoloxía e catedrática en Psicoloxía Social e Xurídica da Universidade da Laguna Ana María Martín Rodríguez intercambiaron impresións sobre o nomeado “falso culpable”.
* En la imagen, el vocal del CGPJ Juan Manuel Fernández, la magistrada de la Audiencia Provincial de Madrid Pilar Rasillo López; el doctor en Medicina y en Neurociencia por la Universidad de Oxford, así como honoris causa por la Universidad Siglo XXI y catedrático de Fisiología Humana de la Universidad Complutense de Madrid, Francisco Mora Teruel; y la doctora en Psicología y catedrática en Psicología Social y Jurídica de la Universidad de la Laguna Ana María Martín Rodríguez