Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A Sala considera probado que lle prendeu lume ao combustible coa intención de causar un incendio mortal
A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a cinco anos de cárcere a un veciño da Estrada que en 2023 tentou matar á que era á súa parella, coa que mantiña unha relación desde facía polo menos doce anos. O tribunal considerouno autor dun delito de homicidio en grao de tentativa en concurso medial cun delito de incendio sen perigo para a vida ou integridade física das persoas, concorrendo a circunstancia agravante de parentesco e a atenuante de embriaguez. Ademais da pena de prisión, os maxistrados da sección cuarta impuxéronlle a prohibición de aproximarse á súa excompañeira sentimental, ao lugar no que resida, lugar de traballo ou calquera outro lugar frecuentado por ela nun radio non inferior a 500 metros, así como a prohibición de comunicarse con ela por calquera medio durante seis anos. O procesado deberá indemnizar á vítima con 3.200 euros.
Na sentenza, os xuíces entenden probado que, durante a madrugada do 23 de setembro de 2023, o acusado, tras a inxesta de bebidas alcohólicas e movido polo propósito de acabar coa vida da súa compañeira sentimental, subiu ao dormitorio situado na planta superior da vivenda, onde se atopaba a vítima, provisto dunha garrafa con gasolina e empezou a insultala e a proferir expresións como “imos a morrer, vouche queimar a casa" ou "imos a morrer xuntos, xa che avisei fai moito tempo". A Sala relata que, cando a muller, alertada polo cheiro a gasolina, abriu a porta da súa habitación, viu ao acusado preto, coa garrafa, vertendo o seu contido especialmente no sofá próximo á porta da habitación, mentres dicía que ían "morrer queimados”.
Os maxistrados sinalan que a vítima, tras valorar saltar pola xanela da súa habitación, “escapou correndo, baixando as escaleiras, mentres o acusado a seguía botando a pouca gasolina que quedaba”. Finalmente, saíu ao exterior da vivenda e el quedou de pé, chamándoa con expresións como "estou a dicir que veñas, que imos a morrer”, prendendo lume na zona de entrada da casa. Nese momento, tal e como consta no relato de feitos probados da resolución, iniciouse un incendio, que motivou que a muller, por temor a que o seu compañeiro sentimental morrese queimado, volvese entrar para axudarlle, “momento no que o procesado, sendo consciente do risco letal que iso entrañaba e aceptándoo, quixo retela, agarrándoa coa man”. A vítima, finalmente, conseguiu zafarse, instante no que á súa parella lle propinou un golpe co puño da man dereita na zona da fazula esquerda, non logrando evitar, a pesar diso, que puidese abandonar definitivamente a vivenda.
O foco de incendio da escaleira se autoextinguiu por mor da escasa cantidade de combustible que se verteu nese concreto punto. A Sala indica que, no momento da comisión dos feitos, o procesado tiña as súas facultades volitivas levemente mermadas como consecuencia dunha previa inxesta de bebidas alcohólicas relacionada cun grave problema de adicción ao seu consumo. Os xuíces, tras confrontar as distintas declaracións de testemuñas e peritos, aseguran que chegaron “á plena convicción de que o testemuño da vítima é realmente espontáneo e acorde coa realidade”.
Ademais, consideran que concorre dolo homicida no procesado, pois destacan que “non pode negarse o coñecemento do risco innegable, certo e concreto de que se producise un incendio e de ocasionar resultados letais, tanto para ela como para el”. Os maxistrados destacan que, “para perpetrar e levar a termo o seu propósito homicida”, o acusado “executou unha acción de previo esparexemento da gasolina á que, posteriormente, chegou a prenderlle lume coa intencionalidade evidente de provocar un incendio de resultado mortal, aínda que as circunstancias concorrentes permiten excluír o perigo para a vida ou integridade física das persoas”. A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso de apelación ante o TSXG.