Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Lembra que a Xunta admitiu nunha declaración de impacto ambiental desfavorable ao parque eólico Gasalla que unha distancia inferior a dous quilómetros podería ocasionar unha perturbación significativa ao gando vacún de Casa Grande de Xanceda. Neste caso, un dos aeroxeradores, de 200 metros de alto, situaríase a 510 metros dun dos núcleos afectados
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretou nun novo auto a suspensión das autorizacións administrativa previa e de construción relativas ao proxecto do parque eólico Cunca, situado no Concello de Vila de Cruces (Pontevedra). Neste caso, a Sala salienta que concorren as circunstancias que xustifican a adopción da medida precautoria solicitada porque a distancia dos aeroxeradores aos núcleos de poboación podería supoñer “un risco adicional para a saúde das persoas e o benestar dos animais de produción”.
O TSXG indica que a propia Xunta admitiu, cando emitiu unha declaración de impacto ambiental desfavorable ao parque eólico Gasalla, que afectaba aos terreos de Casa Grande de Xanceda, que unha distancia inferior a dous quilómetros podería ocasionar unha perturbación significativa ao gando vacún. “Entendemos que sería absurdo que a Administración fixese de peor condición aos seres humanos que aos animais”, recalcan os xuíces.
Na resolución, destacan que do informe sobre medicións de distancias se conclúe que polo menos tres núcleos de vivendas están situados a distancias inferiores aos 1.000 metros. Ademais, indican que a altura dos muíños proxectados é de 200 metros e que entre un dos aeroxeradores e un dos núcleos de poboación afectados hai 510,9 metros, así como que “a normativa actual xa contempla para estes casos por razóns urbanísticas e de calidade de vida un mínimo de cinco veces a altura dos aeroxeradores”. A iso súmase, segundo o TSXG, que a DAE do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico “desaconsella para todo o Estado a implantación dunha instalación destas características a menos de 1.000 metros de núcleos de poboación”.
Por todo a anterior, a Sala entende que a distancia á que se proxectan construír as instalacións eólicas é “susceptible de ocasionar unha perturbación significativa sobre a saúde das persoas e o benestar dos animais, que constitúe un dano de difícil reparación, ao incidir, en relación aos humanos, sobre os dereitos fundamentais á integridade física e á vida privada e familiar dentro do domicilio”.
No auto, o TSXG tamén explica que se acreditou, polo menos indiciariamente, a presenza de valores ambientais altamente sensibles -ben por estar catalogados, ben por tratarse directamente de especies con distinto grao de protección ou en perigo de extinción- que quedarían expostos polas obras a un dano significativo. Eses valores ambientais foron sinalados, segundo consta no auto, por informes rigorosos e imparciais incorporados polo Ministerio de Transición Ecolóxica á Declaración Ambiental Estratéxica (DAE) do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030. Polo tanto, os xuíces explican que, ante a posibilidade de que ese dano puidese ser de difícil ou imposible reparación, optaron por adoptar a medida cautelar, co obxectivo de evitar que a sentenza que no seu día se dite poida ser ineficaz por estar o dano irremediablemente causado. Os maxistrados da sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo inciden en que son “fundamentais” os principios de prevención e precaución do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.
Para a Sala tamén resulta relevante a inclusión do espazo da poligonal eólica na área cualificada como de exclusión eólica polo Mapa de Zonificación Ambiental elaborado polo Ministerio de Transición Ecolóxica, o cal afirma que serve “como un indicio de que existen valores ambientais significativos”.
O TSXG, ademais, advirte que “a ponderación favorable de intereses económicos como prevalecente é extremadamente excepcional, só admisible cando compromete de forma esencial a economía da nación ou produce un dano particularmente intenso”. Os maxistrados inciden en que o Tribunal Constitucional “concede unha posición preferente en sede cautelar ao medio ambiente sobre os intereses económicos”. No auto, os maxistrados aclaran á promotora que “ningún dano se deriva da suspensión cautelar por transcurso de prazos para a execución de obras e solicitude de sucesivas autorizacións”. Así, lembran que “unha vez que un órgano xudicial acorda a suspensión dun acto administrativo en sede cautelar, queda suspendida a súa eficacia e, con ela, os prazos aos que se someten os deberes reflectidos no mesmo, neste caso, a realización de obras e solicitude de autorización de explotación”. O auto non é firme, pois contra el cabe presentar recurso.