Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
O tribunal de primeira instancia impúxolle a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros da prexudicada e de comunicase con ela durante oito anos, así como o pagamento dunha indemnización de 15.221 euros polas lesións psíquicas e físicas sufridas
A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra na que condenou a seis anos de cárcere a un acusado de cometer un delito de abuso sexual con penetración mentres a vítima durmía. Ademais, o tribunal de primeira instancia impúxolle a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros da prexudicada e de comunicase con ela durante oito anos, así como o pagamento dunha indemnización de 15.221 euros polas lesións psíquicas e físicas sufridas.
O acusado, segundo os feitos probados recollidos na sentenza, acudiu de madrugada, acompañado por outra persoa, a casa dunha amiga da vítima, que tamén estaba na vivenda. Despois de varias horas nas que bailaron e falaron, a moza decidiu irse a durmir a unha das habitacións, onde, pouco despois, acudiu o procesado, quen se deitou na mesma cama que ela, sen que a vítima fose consciente porque estaba durmida. O condenado aproveitou esa circunstancia, segundo o fallo, para abusar sexualmente dela. Os maxistrados consideran acreditados os feitos, apoiándose, principalmente, no testemuño da vítima, o cal foi corroborando por elementos periféricos, entre eles as declaracións das outras dúas persoas que se atopaban no inmoble e os informes dos médicos forenses.
“Incluso atopándose nun estado de inconsciencia polo soño, ante a percepción do contacto e ignorando que pasaba realmente, quitou de si as mans do procesado”, salienta o TSXG no referente ao consentimento. Ademais, afirma que non alberga ningunha dúbida sobre a autoría dos feitos nin sobre as circunstancias en que se desenvolveron. A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.