Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A Sala do Civil e Penal considera acreditado o ánimo de matar e descarta a existencia de medo insuperable
A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de once anos de cárcere imposta pola Audiencia Provincial de Pontevedra ao home que o 14 de setembro de 2023 disparou no parque de Castrelos, en Vigo, a un mozo co que tivera altercados previos polos seus cans. O tribunal tamén ratificou a indemnización de 3.804 euros que deberá pagar á vítima polos días que estivo de baixa e o dano moral que lle causou. O TSXG, do mesmo xeito que o tribunal de primeira instancia, considerouno autor dun asasinato en grao de tentativa e dun delito de tenza ilícita de armas.
Os maxistrados rexeitan, desta forma, o recurso de apelación interposto polo acusado. Así, destacan que a sentenza apelada “razoa o por que considerou que existiu un ánimo de matar”, á vez que salientan que o condenado “non combateu a presenza da aleivosía”. O TSXG tamén indica no fallo que non hai “proba ningunha de que o acusado actuase por medo insuperable”, á vez que recalca que a acción foi, “por se soa, susceptible de causar a morte da vítima”.
A Audiencia Provincial sinalou na sentenza agora confirmada polo alto tribunal galego que o recorrente disparou á vítima “coa clara intención de matala” e que “tratou de asegurar o resultado excluíndo toda defensa e consecuente risco para a súa persoa”. Así, os xuíces indicaron na resolución que, cando se atoparon no parque, o sospeitoso, “case sen aviso”, sacou “unha pistola coa que apuntar e disparar”, á vez que destacaron que o afectado “de ningún xeito podía prever unha reacción tan desproporcionada”. Nese primeiro momento no que exhibiu a arma, segundo consta no fallo de primeira instancia, “ambos estaban a uns dous ou tres metros de distancia, pero o acusado tivo algún problema para montar a arma, o que lle deu tempo á vítima para correr a refuxiarse detrás dunha árbore