Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Carlos Lesmes inaugura no Pazo de Mariñán a XXII edición da Escola de Verán do Poder Xudicial, que tratará a proba criminolóxica forense
O presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes, inaugurou hoxe no Pazo de Mariñán a vixésimo segunda edición da Escola de Verán do Poder Xudicial, organizada baixo o título A proba criminolóxica forense. Delimitación e valoración das probas provenientes das ciencias sociais e do comportamento.
O presidente do CXPX, tras agradecerlles ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, Xosé Regueira Varela, a súa colaboración para poder levar a cabo unha nova edición das xornadas, que concluirán o 12 de xullo, incidiu na obriga de promover “un Poder Xudicial que, preservando a súa independencia, actúe con transparencia e proximidade, servido por unha Carreira Xudicial exemplar, plenamente formada, que desenvolva as súas funcións con elevada profesionalidade e sentido do deber”.
Lesmes lembrou que para o CXPX a formación continua dos membros da Carreira Xudicial é “fundamental para o mantemento e mellora dos modelos de calidade da Xustiza e imprescindible para adaptarse aos cambios e ofrecerlles aos cidadáns unha Xustiza da maior calidade, na que poidan confiar e que responda ás súas necesidades”.
O presidente do Tribunal Supremo tamén fixo referencia no acto de inauguración á relación entre a ciencia e o proceso xudicial, que se tratará este ano desde distintas perspectivas na Escola de Verán. “O xuíz debe coñecer, na medida do posible, a significación precisa dos resultados das probas periciais científicas”, indicou.
Lesmes salientou que “sen Xustiza non hai convivencia” e destacou que unha sociedade só se pode “desenvolver en paz e concordia” se conta “cun mecanismo independente e neutral para a resolución de conflitos, ao que se lle recoñeza a lexitimidade necesaria para acatar e respectar as súas decisións”. O presidente do CXPX destacou que, sen el, “resulta impensable a convivencia pacífica”.
O director da Escola de Verán do Poder Xudicial e vogal do CXPX Juan Manuel Fernández adiantou que serán obxecto de debate nas xornadas “asuntos polémicos, como o son, entre outros, a relación entre a memoria e o testemuño, o proceso de funcionamento da memoria, a construción de recordos falsos, os efectos contaminadores da suxestión na declaración, o recordo suxerido e os prexuízos”. Ademais, indicou que se analizarán “resultados da investigación psicolóxica en relación a casos xudiciais concretos”.
“A apreciación e valoración da proba é a parte central da actividade xurisdicional, calquera que sexa a orde na que o xuíz desempeñe o seu labor”, lembrou Fernández, quen sinalou que “nunha época na que se empeza a falar da intelixencia artificial como alternativa ao xulgar humano, é preciso un rearmamento intelectual e ético que dote de rigor científico as decisións xudiciais”.