Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A maxistrada conclúe que non se trazou no Instrumento de Ordenación Provisional a aliñación dun viario público, o cal tiña que delimitar as parcelas
A maxistrada do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Vigo anula a licenza que permitiu dividir un solar en cinco parcelas, máis a de cesión, en Cabo Estai, ao entender que non se cumpre o requisito de que os terreos obxecto de parcelación estean delimitados por viarios existentes ou de nova creación.
Desta forma, acolle integramente o recurso interposto por un particular contra o Concello de Vigo, que o 18 de xuño de 2020 concedeu licenza de parcelación ao predio, situado na rúa Antonio Cominges de Oia, en cinco parcelas, máis a de cesión.
Na sentenza, a xuíza conclúe que a licenza non foi outorgada de forma correcta, pois non se trazou no Instrumento de Ordenación Provisional de 2019 a aliñación dun viario público, o cal tiña que delimitar as parcelas para permitir a súa parcelación.
Desta forma, salienta que “non existía a aliñación de viario público no Instrumento de Ordenación Municipal”, pois o que existía era un "carreiro a pé", tal e como afirmou no seu informe o secretario municipal naquel momento. Polo tanto, destaca que non se debeu conceder o permiso de parcelación.
No fallo, a maxistrada considera que non se infrinxiron as disposicións do Plan de Ordenación do Litoral en canto ao outorgamento da licenza, tal e como defendeu a parte recorrente. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso de apelación ante o TSXG.