Portal de Transparencia “José Luis Terrero Chacón”

Está vostede no Portal de Transparencia do Consello Xeral do Poder Xudicial chamado "José Luis Terrero Chacón", por Acordo da CP do 17 de marzo de 2015, en homenaxe ao falecido secretario xeral que foi o seu principal promotor. Este portal pretende facilitar a todos os cidadáns o acceso á información do Consello Xeral do Poder Xudicial, a súa actividade, a finalidade do uso de fondos públicos, os criterios e razóns das súas decisións e outros asuntos de interese público.

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, no Consello Xeral do Poder Xudicial publicamos periodicamente a información actualizada cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e control da acción pública, así como toda unha serie de información voluntaria adicional recollida no Convenio Marco de Colaboración asinado polo CGPJ (polas súas siglas en castelán) e Transparencia Internacional España o 2 de xullo de 2014, renovado o 7 de setembro de 2018 e prorrogado de novo o 11 de xullo de 2022.

A esta información aplícanselle os límites contidos no artigo 15 da Lei 19/2013, os derivados da protección de datos de carácter persoal. En consecuencia, a información que contén datos especialmente protexidos faise pública despois da disociación dos mesmos.

A información deste Portal de Transparencia revisouse en abril de 2024.

Actividade Económico Financiera

Actividade do CXPX

Transparencia na xustiza

Directorio de Órganos Xudiciais
Repositorio de datos sobre procesos por corrupción
Compatibilidades
Estimación de los tiempos medios de duración de los procedimientos judiciales
Demarcación e Planta Xudicial

Datos de Interese 2023

  • 10.836.271 Visitas do portal do CXPX
  • 5.856.047 Usuarios do Portal público.
  • 21.772.737 Resolucións xudiciais buscadas polos cidadáns
  • 8.062.484 Páxinas vistas no servizo "Utilidades"