Información xeral

Polo que se refire ao réxime de provisión de destinos, séguese mantendo como criterio básico, no que respecta a xulgados, audiencias e tribunais superiores de xustiza, o da antigüidade. Isto non obsta, porén, para que se introduza tamén, como sistema de promoción na carreira xudicial, a especialización que é, por unha banda, necesaria á vista da magnitude e complexidade da lexislación dos nosos días e, por outra banda, conveniente pois introduce elementos de estímulo tocante á permanente formación de xuíces e maxistrados.

Lei Orgánica do Poder Xudicial
Columna 1Columna 2Columna 3Columna 4Columna 5Columna 6Columna 7
Art. 64 bis Art. 301 Art. 311 Art. 312 Art. 329 Art. 330 Art. 332
Art. 333 Art. 339 Art. 340 Art. 343 Art. 344 Art. 346 Art. 560