Presentación

O Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero é un instrumento moi eficaz para analizar a resposta da administración de xustiza ante este fenómeno criminal. Ao tempo, permite realizar novas propostas para mellorar as leis e o funcionamento dos órganos xudiciais.p>

Neste sentido, tanto a Lei contra a violencia de xénero, de 2004, como a Lei de igualdade, de 2007, son instrumentos legais decisivos para facer realidade os valores constituciones de protección da dignidade humana e conseguir que a igualdade de oportunidades entre os homes e as mulleres sexa unha realidade incontestable. Un empeño no que estamos comprometidas todas as institucións que integramos o Observatorio.