Bibliotecas xudiciais

A rede de bibliotecas xudiciais está conformada polo conxunto de bibliotecas dos órganos xudiciais de todas as comunidades autónomas e correspóndelle ao Consello Xeral do Poder Xudicial a dotación bibliográfica e o mantemento do sistema integrado de xestión de bibliotecas (mediante o programa Absysnet).

O esforzo principal céntrase na creación do catálogo colectivo de bibliotecas xudiciais e a adopción de políticas bibliográficas comúns para o seu mantemento.

O CXPX dispón dunha biblioteca en cada unha das súas tres sedes, cuxos servizos están dirixidos principalmente a xuíces e maxistrados, profesores e alumnos da Escola Xudicial e persoal do CXPX:

  • Biblioteca da sede central de Madrid, situada na sede da rúa Marqués de la Ensenada
  • Biblioteca da Escola Xudicial, situada na sede da Escola Xudicial en Barcelona
  • Biblioteca do Centro de Documentación Xudicial, con sede en Donostia-San Sebastián