Perfil do contratante

Esta páxina ten por finalidade difundir a través de Internet o perfil do contratante do Consello Xeneral do Poder Xudicial, asegurando a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual conforme ao artigo 63 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

Licitacións do Consello Xeral do Poder Xudicial: Para acceder ás licitacións do órgano de contratación correspondente, unha vez dentro da Plataforma de contratación pulsar en Licitacións, tal e como mostra a imaxe inferior..

Captura de pantalla da Plataforma de Contratación coa opción 'Licitaciións' seleccionada

 

 

  • Plataforma de Contratación do Estado: Pasos a seguir para acceder ás licitacións do Consello Xeral do Poder Xudicial:
    1. Acceder á opción Busca da pestana Licitacións:
    2. Seleccionar en “Organización Contratante” a opción “Entidade de Dereito Público”.
    3. No campo “Nome de Administración” inserir o seguinte literal “Consejo General del Poder Judicial (sen comiñas).
    4. Se coñece o número de expediente, poderá indicar esta información no campo correspondente para poder realizar un filtro mais directo. O formato dos números de expediente é NN/AAAASO (NN: N° de expediente, AAAA: Ano exemplo 19/2009SO).

    Para finalizar pulsar o botón de Buscar, aparecerán as licitacións actuais na parte inferior. Para acceder á información pulsar na licitación correspondente sobre a columna Expediente.