Peticións de información

A actividade de información ao cidadán na súa relación cos órganos xudiciais comprende información de carácter xeral e información de carácter particular.

Información xeral

  • Quen pode pedila:
    A información xeral facilitarase sen necesidade de esixir acreditación algunha.
  • Onde obter o servizo:
    Nas oficinas de atención ao cidadán que se están implantando nas sedes xudiciais e na Unidade de Atención ao Cidadán do Consello Xeral do Poder Xudicial. Cando aínda non exista unha destas oficinas no lugar en que vostede reside, pode solicitar esta atención nas sedes xudiciais.
    Tamén poderá pedila aos Decanatos, Presidencia de Tribunais e Audiencias.
    Lembrámoslle que nesta páxina web están publicadas unhas guías de procedementos e trámites nas que non é preceptiva a intervención de avogado.
  • Que contido pode ter:
    • A identificación, localización e funcións de calquera órgano da Administración de Xustiza e especialmente dos que se atopen situados na sede onde o cidadán acuda. Tamén alcanza aos organismos interrelacionados coa Administración de Xustiza.
    • A información dos requisitos que a normativa vixente impoña ás actuacións que o interesado poida precisar, así como a información sobre as características xenéricas dos distintos tipos de procedementos xudiciais.
    • A información relativa á repartición concreta de asuntos entre os órganos xudiciais da sede, a relativa ás normas de repartición en xeral e a difusión daqueles actos xudiciais que polo seu carácter público deban ser coñecidos, indicando lugar e data de celebración e outros datos que poidan ser de interese.
    • Calquera outro dato xeral que o cidadán necesite coñecer na súa relación coa Administración de Xustiza.
  • Que límites lle afectan:
    • que afecte o contido da potestade xurisdicional,
    • que supoña asesoramento xurídico, interpretación normativa ou valoración económica,
    • que interfira no exercicio da representación ou defensa no proceso,
    • que se refira a datos relativos á honra, intimidade ou propia imaxe das persoas, ou
    • que se refira a actuacións declaradas secretas polo tempo que dure esta medida.

 

Información particular

  • Quen pode pedila:
    A información particular só se facilitará ás persoas interesadas en cada procedemento ou aos seus representantes legais coa debida acreditación previa.
  • Que contido pode ter:
    Pode referirse ao estado e fase dos procedementos en tramitación, e á identificación das autoridades e persoal ao servizo da Administración de Xustiza que interveñan na tramitación dos devanditos procedementos.
  • Quen pode facilitala e como se tramita:
    A petición dos interesados e nos termos establecidos no artigo 234 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, as Presidencias e Decanatos poderán instar do titular do órgano xurisdicional que facilite a aqueles, por medio do Secretario ou do persoal competente dos Xulgados e Tribunais, información sobre o estado de tramitación dunhas determinadas actuacións.
  • Que límites ten:
    A información particular está suxeita aos mesmos límites que a información xeral.