Educar en xustiza

Educar en Xusticia Accede ao vídeo (Descargar)

'Educar en Xustiza' é un programa promovido pola Oficina de Comunicación do Consello Xeral do Poder Xudicial e dirixido a alumnos de Secundaria, prioritariamente de centros públicos. O obxectivo é que os estudantes adquiran un coñecemento suficiente sobre o funcionamento do sistema de Xustiza en España, con especial incidencia en aspectos como a violencia de xénero ou a responsabilidade penal do menor.

Tamén se informa os alumnos de cales son as distintas ordes xurisdicionais –civil, penal, social e contencioso- e que tipo de asuntos son resoltos en cada unha; como se estrutura a Administración de Xustiza, cal é o desenvolvemento dun xuízo penal e que función desempeñan nel os xuíces, os letrados da Administración de Xustiza, os fiscais, os avogados, as testemuñas e os peritos.

Ademais destes, hai outras profesións xurídicas que interveñen na nosa Administración de Xustiza, como a dos procuradores. O procurador ostenta a representación dos particulares ou as empresas que teñen a necesidade de acudir aos tribunais e leva a cabo unha serie de funcións que axilizan o procedemento xudicial (por exemplo, presenta todos os escritos que elaboran os avogados e recibe as notificacións dirixidas aos seus clientes). Na maioría dos casos, a súa figura é imprescindible para ter acceso á xustiza.

Tamén son moi importantes os funcionarios (xestores, tramitadores e auxilio xudicial) que integran a Oficina Xudicial –o persoal de cada Xulgado-, os médicos forenses, os intérpretes e/ou tradutores, e as Forzas de Seguridade do Estado (Garda Civil, Policía Nacional,  Ertzaintza, Mossos d’Esquadra…) que actúan como Policía Xudicial, colaborando con xuíces e fiscais na investigación dos delitos e o descubrimento dos delincuentes.

.

Para iso, o CXPX pon á disposición dos centros interesados folletos informativos e vídeos en castelán e no resto das linguas españolas cooficiais nos seus territorios: catalán, éuscaro, galego e valenciano. O programa complétase con visitas aos órganos xudiciais ou charlas de xuíces e maxistrados nos centros educativos.

Se está interesado en participar no programa, contacte coa Oficina de Comunicación do Tribunal Superior de Xustiza da súa Comunidade Autónoma.