Publicacións xurídicas

O CXPX asume a elaboración e divulgación de publicacións xurídicas como parte do labor de formación da carreira xudicial e de transparencia das súas propias actividades. Así, por un lado están as Coleccións derivadas das actividades docentes do CXPX e, por outro, a Revista do Poder Xudicial.

Canto á Revista do Poder Xudicial, ten carácter trimestral e contén estudos doutrinais, comentarios xurisprudenciais e información bibliográfica e xurisprudencial.

Canto ás Coleccións derivadas das actividades docentes do CXPX, están as seguintes coleccións:

  • Conclusións de Seminarios: recolle relatorios e/ou conclusións elaboradas nos Seminarios monográficos organizados para a análise e debate de cuestións xurídicas. (A colección, creada en 2008, recolle o publicado só en formato dixital).
  • Cadernos de Dereito Xudicial, Estudos de Dereito Xudicial e Manuais de Formación Continuada: estas tres coleccións recollen o publicado en papel, e contan con fondos ata 2009, ano a partir do cal son continuadas por unha única colección, "Cadernos Dixitais de Formación", que recolle baixo o seu nome os tres tipos de actividade docente do Servizo de Formación Continua.

O buscador de publicacións do Fondo Documental permite acceder ao texto íntegro da Revista do Poder Xudicial a partir da 5.ª Época, e á información referencial das coleccións derivadas das actividades docentes.

 

Colecciones Doctrinales del CGPJ