La orde de protección

A Orde de Protección é unha resolución xudicial que consagra o “estatuto de protección integral” das vítimas de violencia doméstica, mediante a adopción, por un mesmo órgano xurisdicional, de medidas cautelares penais e civís, activando outras medidas de asistencia social.

Que é a orde de protección

Lei 27/2003, de 31 de xullo, que regula a Orde de Protección das Vítimas da violencia doméstica pretende que a través dun rápido e sinxelo procedemento xudicial,ante o Xulgado de Instrución, a vítima de violencia doméstica poida obter un estatuto integral de protección que comprende medidas civís, penais e asistenciais e de protección social.

A Orde de Protección é unha resolución xudicial que, nos casos nos que existen indicios fundados da comisión de delitos ou faltas de violencia domestica e exista unha situación obxectiva de risco para a vítima, ordena a súa protección mediante a adopción de medidas preventivas civís e/ou penais, ademais de activar as medidas de asistencia e protección social necesarias, por remisión da Orde de Protección aos Puntos de Coordinación das Comunidades Autónomas.

1.-  Medidas

2.-  Quen pode solicitala?

3.-  Onde pode solicitarse

4.-  Trámite

5.-  Registro central para a protección das vítima da violencia doméstica