Información xeral

A promoción á categoría de Maxistrado/a atópase regulada no artigo 311 da Lei Orgánica do Poder Xudicial onde se sinala que de catro vacantes que se produzan na categoría de Maxistrado, unha proverase por medio de probas selectivas nas ordes xurisdicionais civil e penal, e de especialización nas ordes contenciosa- administrativa, social e mercantil.

As probas selectivas para a promoción da categoría de xuíz á de maxistrado nas ordes xurisdicionais civil e penal celebraranse na Escola Xudicial e tenderán a apreciar o grado de capacidade e a formación xurídica dos candidatos, así como os seus coñecementos nas distintas ramas do dereito. Poderán consistir na realización de estudos, superación dos cursos, elaboración de ditames ou resolucións e a súa defensa ante o Tribunal , exposición de temas e contestación ás observacións que o Tribunal formule noutros exercicios similares.

O órgano convocante é o Consello Xeneral do Poder Xudicial.

O Tribunal cualificador que avaliará as probas por esta categoría terá a seguinte composición:

  • O Presidente ou a Presidenta do Tribunal Supremo ou ben o Maxistrado ou a Maxistrada do Tribunal Supremo ou dun Tribunal Superior de Xustiza en quen delegue, que presidirá o Tribunal,
  • dous maxistrados ou maxistradas,
  • un ou unha fiscal.
  • Dous catedráticos ou catedráticas de universidade da disciplina da orde penal, excepcionalmente poderán nomearse profesores ou profesoras titulares da universidade.
  • un avogado ou unha avogada do Estado,
  • Un avogado ou unha avogada con mais de dez anos de exercicio profesional,
  • un letrado ou letrada da Administración de Xustiza da categoría primeira,
  • un letrado ou unha letrada do Consello Xeral do Poder Xudicial, que teña a licenciatura en Dereito, e que actuará como Secretario ou Secretaria.

O proceso selectivo consistirá na superación de exercicios de carácter teórico e práctico, así como a posterior realización dun curso na Escola Xudicial. Os exercicios de carácter teórico versarán sobre o coñecemento das materias de dereito penal (parte xeneral), dereito penal (parte especial) e dereito procesual penal. Entre as actividades do curso na Escola Xudicial que deberán seguir os aspirantes que superasen o exercicio, incluirase a asistencia a órganos xurisdicionais unipersoais e colexiados que teñan atribuído exclusivamente o coñecemento e fallo de asuntos relativos á orde xurisdicional penal.