Funcións

A función principal do Consello é a xestión da administración de Xustiza xunto coa salvagarda ou a garantía da independencia dos Xuíces e Tribunais, cando exercen a súa función xudicial, respecto ao resto de poderes do Estado e fronte a todos, mesmo respecto aos demais órganos xudiciais e aos do propio goberno do Poder Xudicial.

O Consello realiza cometidos de natureza administrativa-gobernativa e de réxime interior do Poder Xudicial. O goberno interno dos Xulgados e Tribunais corresponde ás salas de goberno do Tribunal Supremo, a Audiencia Nacional e os distintos Tribunais Superiores de Xustiza, sen prexuízo das funcións que corresponden aos Presidentes de ditos Tribunais e aos titulares dos restantes órganos xurisdicionais con respecto ao seu propio ámbito orgánico. Non obstante o Consello exerce a función revisora das actuacións levadas a cabo por estes órganos de goberno.

As obrigas do Consello esténdense ás cuestións que afectan ao goberno e administración interna do terceiro poder do Estado: onomeamento e ascenso de Xuíces e Maxistrados, xunto ás situacións administrativas, licencias, permisos, prohibicións e incompatibilidades; a inspección de Xulgados e Tribunais, e o réxime disciplinario xudicial.

A estas competencias engádese, por unha banda, a relativa á selección e formación dos xuíces, asumidas no ano 1994, e, pola outra, a mellora da calidade da Xustiza, en canto presuposto do dereito fundamental á tutela xudicial efectiva.

As funcións e competencias do Consello distribúense en nove grandes áreas:

Como órgano constitucional de autogoberno, o Consello está lexitimado para formular conflitos ante o Tribunal Constitucional en defensa das súas competencias.