Composición

O Consello Xeral do Poder Xudicial é un órgano colexiado composto por:

  • Vinte membros, chamados vogais, nomeados polo rei, elixidos polas Cortes Xerais (Congreso e Senado) entre xuíces e xuristas de recoñecida competencia.
  • Un presidente, Presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial,  designado polo Pleno do Consello na súa sesión constitutiva. É elixido entre membros da Carreira Xudicial ou xuristas de recoñecida competencia.

Os vogais son nomeados por un período de mandato de cinco anos, a partir da data da sesión constitutiva. O CXPX renóvase na súa totalidade, unha vez transcorridos os cinco anos de mandato, aínda que o Consello saliente continúa en funcións ata a toma de posesión do novo.

Os vogais non poden ser reelixidos no Consello seguinte. O mandato do presidente vincúlase ao do Consello que o propuxo; pero o presidente pode ser reelixido e nomeado por unha soa vez para un novo mandato.

No caso do cese anticipado dalgún vogal, procédese á súa substitución polo mesmo procedemento polo que foi nomeado o vogal cesante; o mandato do vogal substituto esgótase co do CXPX no que se integra.

Os membros do Consello Xeral do Poder Xudicial son elixidos por unha maioría cualificada d tres quintos das Cámaras da seguinte forma:

Entre Xuíces e Maxistrados Entre xuristas de recoñecida competencia TOTAIS
Vogais propostos por Congreso 6 4 10
Vogais propostos por Senado 6 4 10
TOTAL VOGAIS 12 8 20
Presidente Elixido polo Pleno do CXPX entre membros da carreira xudicial ou xuristas de recoñecida competencia. 1