Decanatos

O Xuíz Decano é unha figura que aparece naquelas localidades onde hai máis dun órgano unipersoal. É un primus inter pares que asume funcións de organización dos distintos Xulgados en materias como son asegurar o adecuado funcionamento do servizo de garda, convocar as Xuntas de Xuíces, vixiar pola correcta utilización das dependencias xudiciais ou o reparto de asuntos.

O Xuíz Decano é o titular do Xulgado que encabeza a escala. Sen embargo, naquelas poboacións que contan con dez xulgados ou máis, o Decano é elixido polo resto dos seus compañeiros.