Buscador de resolucións do Tribunal Supremo

Esta é a ventá de acceso á Xurisprudencia. Unha vez pulse sobre BUSCADOR DE RESOLUCIÓNS DO TRIBUNAL SUPREMO, accederá a un modelo para que vostede teclee os criterios de busca.

Os resultados da busca aparecerán nunha nova ventá en forma de fichas resumo cos datos básicos da resolución ou resolucións encontradas.

Se vostede decide abrir unha sentenza, pulse na icona superior esquerda da ficha e a sentenza mostrarase nesta mesma ventá de inicio

NOTA IMPORTANTE
O buscador de resolucións ábrese nunha ventá diferente do seu navegador. Se dispón dalgún servizo de bloqueo de ventás emerxentes ou similar asegúrese de configuralo apropiadamente.

AVISO LEGAL

As resolucións que compoñen esta base de datos difúndense para os efectos de coñecemento e consulta dos criterios de decisión dos Tribunais, en cumprimento da competencia outorgada ao Consello Xeral do Poder Xudicial polo art. 107,10º da Lei Orgánica do Poder Xudicial.

O usuario da base de datos poderá consultar os documentos sempre que o faga para o seu uso particular.

Non está permitida a utilización da base de datos para usos comerciais, nin a descarga masiva de información. A reutilización desta información para a elaboración de bases de datos ou con fins comerciais debe seguir o procedemento e as condicións establecidas polo CXPX a través do seu Centro de Documentación Xudicial.

Calquera actuación que contraveña as indicacións anteriores poderá dar lugar á adopción das medidas legais que procedan.